Salmonella enterica | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Colonias de S. enterica Typhimurium nunha placa de ágar Hektoen. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Salmonella enterica' (ex Kauffmann & Edwards 1952) Le Minor & Popoff 1987 | |||||||||||||||
Subspecies | |||||||||||||||
S. enterica subsp. arizonae |
Salmonella enterica (que ten o sinónimo heterotrópico Salmonella choleraesuis) é unha especie de bacterias con forma de bacilo, flaxeladas, anaerobias facultativas, gramnegativas, da familia das enterobacteriáceas. É unha das dúas especies do xénero Salmonella, xunto con S. bongori.[1] A especie comprende 6 subespecies divididas en serovares, entre as cales hai importantes patóxenos produtores de salmonelose e febre tifoide (non confundir co tifo).